O 27 de xullo o artista mexicano fixo parada en Santiago de Compostela coa súa xira “Un tour a todas Partes”.
O concerto estivo cheo de sorpresas e incluiu o repaso de boa parte dos seus éxitos. O cantante mexicano repasou os seus temas máis sonados no recinto compostelán, como “Que lo Nuestro Se Quede Nuestro”, “¿Cómo Pagarte?, ou “Me Muero”. Dúas horas e corenta e cinco minutos de música e baile nas que o público gozou ao máximo.
O espectáculo contou coa promoción da Xunta de Galicia a través de Turismo de Galicia.