A partir do 20 de abril abrimos a inscrición do Campus Sar deste verán, que este ano ten como principal novidade a incorporación do servizo de comedor, con opción de recollida ata as 16h.
IDADES
Para rapaces de entre 4 e 16 anos.
ACTIVIDADES
Actividades ao aire libre · actividades deportivas · actividades acuáticas · piscina · obradoiros temáticos · actividades en inglés · baile · xogos tradicionais · clases dirixidas
ESPAZOS
Levarase a cabo no hall de entrada do Multiusos e zona exterior dos arredores, pistas de pádel e tenis, salas de actividades, piscina…
TEMPORIZACIÓN
Dende o xoves 22 de xuño ata o comezo das clases no mes de setembro, en quendas semanais.
HORARIOS
De luns a venres con diferentes posibilidades:
– Horario do Campus: 8.45 a 14.30 horas
– Ampliación de mañá (opción de almorzo): 8.00 a 14.30 horas
– Ampliación de tarde: 8.45 a 15 horas
– Ampliación completa: 8.00 a 15 horas
– Comedor: o horario será de 14:30 a 16:00. A recollida será na cafetería do Multiusos.
INSCRICIÓN
– De maneira presencial na recepción do Multiusos ou de Santa Isabel.
– Dende o 20 de abril de 2023 para abonados/as e dende o 1 de xuño para non abonados/as.
Descarga aquí a folla de inscrición: INSCRICIONCAMPUSSARVERÁN2023