Porque o rosa é máis que unha cor.
☑️É investigación, apoio e concienciación.
E así o quere transmitir a aecc para conmemorar o vindeiro mércores o Día Mundial Contra o Cancro de Mama, unha xornada para apoiar e camiñar xuntos cara un mesmo destino: o aumento na taxa de supervivencia neste tipo de cancro.
🙌Úneste ao movemento rosa? Dende os centros querémonos sumar unha vez máis e tinguir as instalacións para facer forza e axudar a visibilizar esta causa. Se queres participar, o vindeiro mércores 19 de outubro terás varias formas de facelo👇🏼
🌸Vístete de rosa para vir ao gym. Os nosxs instrutorxs de actividades tamén estarán vestidos para a ocasión!
🌸Fai unha aportación na hucha que ese día atoparás en recepción.
🌸Merca algún dos produtos contra o cancro da aecc que teremos dispoñibles nos centros.