Algúns dos mellores instrutores/as de Galicia, Asturias e León, trainers nacionais de Les Mills e varios/as fans dos programas de adestramento de clases colectivas xuntáronse o sábado 4 de xuño no Multiusos Fontes do Sar para vivir unha xornada intensa e emocionante.
Os asistentes puideron actualizar as coreografías dalgúns dos programas máis famosos deste sistema de actividades dirixidas.
Foron catro horas apaixoantes nas que aprenderon, suaron e tomaron boa nota para seguir desfrutando ao máximo das sesións con selo Les Mills!