Hoxe publícase o BOE no que se recolle o Real Decreto polo que se modifica a obrigatoriedade do uso das máscaras durante a situación de crise sanitaria ocasionada pola Covid-19 e a máscara deixa de ser obrigatoria nos nosos centros. Unha norma que marca un antes e un despois nesta pandemia, e que fará que a partir de hoxe poidades convivir nas instalacións os que decidades levala e os que non.
Pero hai cousas que cambian e outras que non o fan. E en liña co noso compromiso por facer destas unhas instalacións máis confortables, moitas das medidas implementadas durante este tempo continuarán vixentes, tales como a distancia de seguridade entre máquinas, a distancia interpersoal en actividades dirixidas e o control de aforo en clases ou a renovación de aire e a ventilación de espazos.
Grazas a todxs por estar sempre á altura das circunstancias. ¡Seguimos!