No Multiusos e en Santa Isabel, centros deportivos con máis de 200 clases dirixidas á semana de distintas disciplinas, trasladamos na última semana algunhas das nosas sesións ao exterior, aproveitando a chegada do bo tempo e o seu enclave privilexiado, rodeados de natureza e de espazos abertos, tan codiciados na actualidade.
Amais da zona de fitness externa en Santa Isabel e da actividade de running, que é sempre en exterior, desenvolvimos fóra algunhas das nosas clases de Crosscircuit e de Fitbike, nas que os usuarios e usuarias puideron desfrutar dos beneficios do deporte supervisado ao aire libre. Tamén incorporamos unha nova actividade, Circuit Running, que conxuga o traballo con autocargas e o running, unha magnífica combinación de adestramento de forza e cardio que a converte nunha boa alternativa para quen queira queimar graxas. As iniciativas contaron con moi boa acollida entre os usuarios e usuarias dos recintos.