IMPORTANTE
A TÚA COTA QUEDA CONXELADA
Tralo anuncio do peche de ximnasios en Galicia dende este mércores, informámosche que a túa cota de abonado queda CONXELADA e non emitiremos ningún cargo ata que os centros volvan abrir e se retome a actividade. Non tes que facer ningún trámite, paralizaremos os cobros de xeito automático.
Contarémosche máis novidades ao longo do día de hoxe.
Sairemos desta (oxalá sexa pronto ) e regresaremos con forza
GRAZAS por estar ao noso lado