Seguindo as últimas indicacións das autoridades sanitarias (DOG 11-Bis do 19 de xaneiro de 2021), estes son os cambios que atoparás desde este xoves 21 de xaneiro cando veñas adestrar aos nosos centros:
- Os vestiarios do Multiusos estarán temporalmente pechados, polo que terás que vir xa vestido para facer deporte.
- Os vestiarios de Santa Isabel estarán temporalmente habilitados só para usuarios da piscina. Se ves ao ximnasio non poderás empregalos. Se ves á piscina si que poderás acceder para cambiarte, sempre coa máscara e mantendo a distancia social, pero non poderás utilizar as duchas: deberás empregar a ducha da praia da piscina.
- Atoparás CONSIGNAS de candado en diferentes puntos das instalacións nas que poderás depositar as túas pertenzas (cazadora, bolso, teléfono…). Lembra sempre gardar a distancia de seguridade e esperar a túa quenda, e recorda que tes bolsas para pertenzas no acceso e xel hidroalcohólico á túa disposición. Por seguridade, contamos cun protocolo específico de limpeza e desinfección na zona de consignas.