Cursos especiais de náutica en outubro

Ante as circunstancias excepcionais polas que estamos pasando debido á pandemia, adaptamos os cursos de PNB (Patrón para a Navegación Básica) e de PER (Patrón de Embarcacións de Recreo) semipresenciais deste último trimestre do ano a un formato especial para minimizar os riscos dos nosos alumnos, reducindo ao máximo a asistencia física nas instalacións.  Os que así o prefiran, poderán facer só o curso “on line” e participar igualmente nos exames extraordinarios deste último trimestre. Os cursos semipresenciais  quedan como segue:

INSCRICIÓN E FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

-Non haberá a presentación e entrega de documentación prevista para o día 14 de outubro no Multiusos. No seu lugar, para inscribirse nos cursos basta con cubrir o formulario de inscrición da nosa web e envialo a partir de agora xunto co resgardo do pago do curso teórico. No momento en que o recibamos  activaremos a subscrición do alumno ao curso “on line”, co que poderá empezar a estudar.  Tal e como figura na web, os prezos son os seguintes:  PNB:  210 € ou 180 € os abonados ao Muliusos Fontes do Sar/Piscinas de Sta. Isabel.  PER:  310 € ou 280 os abonados.  IVE incluído.

-Para formalizar a matrícula os alumnos deberán enviarnos por email, debidamente escaneados en formato PDF e de forma independiente (isto é un PDF con cada un dos dous documentos requeridos) os seguintes impresos que tamén se atopan na nosa web:

1.- Solicitude á Xunta de inscrición no exame:   https://www.nauticapopular.com/wp-content/uploads/2019/05/-1.pdf

Neste impreso deberase facer constar que o exame ao que se presenta é ao “exame teórico” e que solicita examinarse na “Escola Náutico Pesqueira de Ribeira”.  O documento deberá estar cuberto de forma lexible e asinado.  Se se prefire, pode realizarse  a inscrición telemática na seguinte ligazón, aínda así nos dous casos deben enviarnos o documento escaneado en formato PDF.

Inscrición telemática no portal da Xunta:   https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PE616C

De calquera dos dous xeitos o documento se nos enviará individualmente escaneado en formato PDF.

2.- Taxas de dereitos de exame á Xunta de Galicia:

Existen dúas vías:

De xeito presencial pagando no banco, para o que se solicitará no mesmo  banco o impreso de pago de taxas á Xunta e se cubrirá cos datos do interesado  e cos seguintes  códigos:

Inscrición nos exames teóricos:

Consellería de… MAR. Código 12

Delegación de… Servicios Centrais. Código 13

Servicio de… Ensino. Código 05

Taxa denominación…. Exame (poñer a titulación correspondente, PNB, PER, Patrón de Iate, etc.) Código 302101.

Importes a ingresar, ano 2020:

PNB: 31,29 €

PER: 40,28 €

Patrón de Iate: 56,44 €

Se se prefire, pode optarse polo pago telemático na Oficina Virtual da  Consellería de Facenda nesta ligazón: http://www.atriga.gal/web/atriga/tributos-da-comunidade-autonoma/taxas-e-prezos/confeccion-on-line-impresos

En cualquiera dos casos, das 3 copias de que consta o impreso: unha para o interesado, outra para a oficina bancaria e outra para a ADMINISTRACIÓN. Se nos debe enviar escaneado e en formato PDF este último exemplar, o que pon PARA A ADMINISTRACIÓN.

  • Prazo de envío de documentación: MOI IMPORTANTE: ESTOS 2 DOCUMENTOS (a Solicitude de Participación nos Exames e o Xustificante do Pago de Taxas, se nos enviará ao noso email info@nauticapopular.com  SEN FALLA entre os días 16 e 20 de outubro.

CLASES

As 2 primeiras clases presenciais previstas no Multiusos para os sábados 24 de outubro e 7 de novembro, en horario de PNB de 10 a 11 e de PER de 10 a 14 horas, se sustituirán nos  mesmos horarios e datas por clases por videoconferencia mediante a plataforma GOOGLE MEET .  Esta plataforma é interactiva e os alumnos poden interactuar co profesor.  Non é preciso descargar o programa nin facer nada.  Simplemente o profesor porá unha ligazón no foro do curso e ao pinchar nel, os alumnos accederán á aula virtual.  O único requerimento é un micrófono e un auricular para poder participar.  Se se quere ser visualizado polo profesor e os compañeiros tamén se deberá dispor dunha webcam no ordenador.

No que se refire á terceira clase presencial, prevista para o sábado 21 de novembro, mantense e terá lugar na aula do Multiusos Fontes do Sar en pequenos grupos e a partir das 10 da mañá,  en turnos de sesións de 2 horas  que en todo caso e dependeendo do nº de participantes se prolongarán pola tarde a partir das 16 h. Os turnos se establecerán por orden alfabético do primeriro apelido.  Esta última clase presencial adicarase preferentemente á resolución de dúbidas e aclaración de conceptos.

EXAME

O de PNB terá lugar o 30 de novembro. O de PER, o 1 de decembro.  Ambos, na Escola Náutico Pesqueira de Ribeira.  Polo xeral se celebran ás 16.30 horas, pero unos días antes deberase comprobar o horario na páxina da Consellería do Mar    https://mar.xunta.gal/es/o-mar/investigacion-e-formacion/formacion/informacion-do-alumnado/titulacions-lecer

Tamén aí publicarán despois do exame os resultados.

Non obstante, todo iso o publicaremos tamén nós no FORO do curso

CURSO E FORO

Como poderedes comprobar o curso “on line” conta con toda clase de ferramentas virtuais, incluíndo clases grabadas, resolución virtual de problemas de navegación, exercicios e exames completos autocorrexibles, etc.  Unha ferramenta fundamental que deberedes empregar e prestarlle moita atención á o FORO. Neste foro o profesor vos irá guiando para estudar da mellor maneira posible, propoñeravos exercicios e problemas e resolverá as vosas dúbidas.  Tamén neste foro poremos os avisos sobre o curso e os exames e as ligazóns ás clases por videoconferencia.  Por iso é moi importante que o usedes frecuentemente.

PRÁCTICAS 

Non haberá exame.  Polo simple feito de facelas se certifican e xa está.  Son totalmente obrigatorias as de Seguridade e Navegación e as de Radio.  As de Vela só son obrigatorias para os interesados en patronear barcos de Vela. Os de PER tamén teñen a posibilidade de ampliar as súas atribucións mediante unhas prácticas de Aumento de Atribucións e mesmo de habilitarse profesionalmente realizando un curso de Habilitación Profesional.  Toda a información ao respecto está na nosa web.  As prácticas poderán facerse antes ou despois do exame.  Hai dous anos de prazo para realizalas a partir de aprobar o exame teórico, ou dous anos para aprobar o exame teórico despois de facelas.  É aconsellable facelas antes do exame teórico, pois serven para preparalo, xa que se ven “in situ” os conceptos teóricos. Para os interesados en facelas antes do exame, serán o 14/15 de novembro as de Seguridade e Navegación e o 28/29 de novembro as de Vela. Ambas en Vigo.  Aos inscritos chamaraos Paula, a nosa secretaria encargada do tema,  para preguntarvos cando queredes facelas.  En canto ás de Radio, vos avisaremos oportunamente mediante o foro do curso.  Prezos na web.

+ info en www.nauticapopular.com  e  www.multiusos.net  e no teléfono 616217619 (Pedro).

Pin It