En relación ao gromo de Covid detectado nos centros, queremos comunicarvos que está localizado e focalizado nunhas actividades dirixidas concretas da semana pasada no Multiusos Fontes do Sar. Contactamos cos asistentes a estas clases e xa foron sometidos a PCR e seguemento por parte das autoridades sanitarias. Asimesmo, aos 115 empregados do Multiusos Fontes do Sar e do Complexo Deportivo Santa Isabel tamén se lles están a realizar PCRs, e co 90% das probas realizadas resultaron 2 positivos.
En relación aos datos publicados sobre o gromo, queremos informarvos que a cifra inclúe tanto os contaxios que se produciron nesas clases coma os positivos relacionados con esas persoas fóra das instalacións.
Lembrámosvos que a sala de musculación e cardiovascular, a zona funcional, as piscinas de verán e a de Santa Isabel, e as pistas de pádel e tenis seguen a funcionar con normalidade, coa obrigatoriedade de empregar máscara en espazos pechados en todo momento e con todas as medidas preventivas en activo (alfombras viricidas, mamparas, control de temperatura, estacións de limpeza, desinfección constante de máquinas, etc).