O máis importante é a seguridade e a saúde dos nosos traballadores e usuarios. Por iso, como consecuencia dun gromo detectado, como medida preventiva e actuando con prudencia e responsabilidade, suspendemos de xeito temporal e ata novo aviso todas as actividades dirixidas programadas no Multiusos Fontes do Sar e no Complexo Deportivo Santa Isabel.
➡️Como consecuencia desta medida aplicaremos un 25 % de desconto na seguinte cota do teu abono.
➡️A partir de mañá terás a opción de facer dende a casa as sesións emitidas a semana pasada, en streaming e cando ti queiras. Se aínda non tes as túas claves de acceso podes solicitárnolas en info@multiusos.net.
➡️As salas de musculación e cardio, a zona funcional, as piscinas e as pistas de pádel e tenis (incluidos os cursos) continúan abertas con normalidade e con todas as medidas preventivas en activo.
➡️As duchas permanecerán temporalmente pechadas. Manterémosvos informados se é preciso tomar novas medidas para preservar a seguridade e a saúde de todos.
Grazas pola comprensión.