O Multiusos Fontes do Sar, as pistas de pádel e tenis Fontes do Sar e o Complexo Deportivo Santa Isabel, xestionadas por Xestión de Actividades Deportivas e Espectáculos S.L., acaban de obter o certificado AENOR de protocolos fronte ao COVID-19, convertíndose así nos primeiros centros deportivos de España en ter este distintivo.
O certificado de AENOR é un aval externo sobre a efectividade das medidas que aplica a compañía e de forma paralela, respalda que estas iniciativas cumpren coas directrices marcadas polo Ministerio de Sanidade en materia de prevención e hixiene sobre o COVID-19. O selo ten unha validez anual, aínda que debe someterse a revisións de seguemento cada tres meses.
A evaluación que realiza AENOR valora aspectos como a xestión de riscos, a xestión da saúde no traballo (os protocolos de actuación, a realización de seroloxías a todos os empregados…), a formación, información e comunicacións desenvolvidas; as medidas organizativas (control de aforo, distancia de seguridade garantida na zona deportiva…); de protección (uso de material de protección individual), así como as boas prácticas de limpeza e hixiene.
Prioridade XADE: espazos deportivos seguros e saudables
As instalacións deportivas xestionadas por XADE puxeron en marcha un plan de medidas preventivas de seguridade e saúde para empregados e clientes: realiza controis de aforo, garante o mantemento de distancias de seguridade, dotou aos emrpegados de equipos de protección individual e programou a limpeza e desinfección de puntos críticos varias veces ao día con produtos homologados. Amais, a empresa implementou medidas preventivas coma o control de temperatura no acceso dos usuarios, alfombras viricidas, mamparas de seguridade, dispensadores de bolsas para as pertenzas en vestiarios, ou a colocación de 26 estacións de limpieza en diferentes puntos dos centros con xel hidroalcohólico, spray con produto homologado para a desinfección de máquinas, papel e papeleiras.
Asimesmo, ademais do marcado de zonas, a empresa implantou un sistema de “semáforo” en máquinas que permite saber cando un aparato pode ser usado ou precisa desinfección, e na piscina establecéronse niveis de cloración recomendados pola OMS para a eliminación de coronavirus. Tamén reforzou as xestións online, como a reserva de praza en actividades dirixidas, e ofrece clases en directo para os usuarios que non poidan asistir de forma presencial aos centros. Amais a compañía realizou formación específica aos seus empregados en COVID-19 e realizou probas serolóxicas antes da súa incorporación ao posto de traballo, entroutras medidas.