RESOLVEMOS AS TÚAS PRINCIPAIS DÚBIDAS
1. CANDO ABREN AS INSTALACIÓNS?
O MULTIUSOS FONTES DO SAR, as PISTAS DE PÁDEL E TENIS DE SAR e o COMPLEXO DEPORTIVO SANTA ISABEL volverán abrir o luns 8 de xuño, coincidindo co inicio da fase 3. No caso de non pasar de fase concretaríamos nova data.
O HORARIO DE APERTURA do Multiusos Fontes do Sar e o C.D. Santa Isabel será de luns a venres de 7 a 23h, sábados de 9 a 20h e domingos de 9 a 14h (domingos pola tarde pechado). As pistas de pádel e tenis abrirán de luns a venres de 9 a 23h; sábados e domingos de 9 a 20h.
As PISCINAS DE VERÁN FONTES DO SAR abrirán na segunda quincena de xuño. Nos vindeiros días indicaremos a data exacta.
- EN QUE INSTALACIÓN PODEREI ADESTRAR?
Independentemente da instalación á que esteas abonado, dende o primeiro día que abramos e como medida temporal poderás facer deporte no centro que máis che conveña, no Complexo Deportivo Santa Isabel ou no Multiusos Fontes do Sar.
- CÓMO SE COMPENSARÁ O MES DE MARZO?
Os días que non puideches desfrutar en marzo porque o teu centro estivo pechado serán compensados agora, de tal xeito que non pagarás nada entre os días 8 e 25 de xuño. A partir do día 26 de xuño emitiremos un recibo co importe que corresponda só aos 5 días restantes do mes (26-30 xuño).
- CÓMO SE FARÁ COAS ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS NON DESFRUTADAS?
Nas actividades complementarias non desfrutadas (curso de pádel ou tenis, Pilates, Reformer, etc) poñerémonos en contacto contigo ou, se o desexas, podes escribirnos un correo electrónico a info@multiusos.net e buscaremos a mellor solución.
- CÓMO SE RESERVARÁ PARA IR A ACTIVIDADES DIRIXIDAS?
Para ir a unha actividade dirixida terás que reservar praza previamente, ben a través da nosa web, ben de xeito presencial na recepción da instalación.
Para reservas online (só para abonados):
– Cando recibas o sms e actives o teu contrasinal xa podes reservar praza.
– Dende AQUÍ poderás consultar os horarios e acceder á páxina de reservas.
– Se non recibes o sms ou detectas algún erro no teu e-mail, escríbenos a info@multiusos.net e solucionarémoscho o antes posible. Grazas pola comprensión.
- CÓMO SEI O AFORO DE CADA CENTRO?
Na nosa páxina web poderás consultar o aforo real en cada momento, e ao acceder ao centro haberá pantallas informativas na entrada.
7. PODEREI USAR OS VESTIARIOS?
Si. Están habilitadas o 50% das duchas e haberá que manter a distancia de seguridade de 2 metros en vestiarios.
8. QUE MEDIDAS TOMARÁN AS INSTALACIÓNS PARA A REAPERTURA?