A partir deste domingo o Multiusos Fontes do Sar amplía o seu horario de apertura para que os usuarios que o desexen poidan aproveitar o seu tempo libre para facer deporte. A instalación, que os domingos abría só pola mañá, abrirá tamén polas tardes de 16:30h a 20:30h, con acceso libre para todos os abonados do Multiusos e do Complexo Deportivo Santa Isabel, e para o resto de interesados previo pago da correspondente entrada (4,66€).
Este domingo volve Multixogo
O evento infantil MULTIXOGO regresa este domingo 6 de outubro de 16:30h a 20:30h con actividades para nenos e nenas de ata 15 anos: inchables, camas elásticas, pista polideportiva, xogos… A entrada é gratuíta para os nenos abonados ao Multiusos Fontes do Sar ou ao Complexo Deportivo Santa Isabel, e custaralle 10€ aos que non están inscritos en ningún dos dous centros. Tamén existe a posibilidade de celebrar cumpreanos con acceso á zona de xogo, zona reservada e merenda por un prezo de 8€/neno se o que cumpre anos é abonado; e de 11€/neno se non o é. Os interesados só teñen que escribir a multixogo@multiusos.net ou chamar ao 981 568 160.