Para dar resposta á crecente demanda, amplíase a oferta de cursos de natación con dúas sesións os domingos nas piscinas Fontes do Sar no cuadrimestre outubro-xaneiro. Ás 10h ofrecerase un curso para os nenos de entre 7 e 14 anos, e ás 10:45h outro para os rapaces de entre 3 e 7. A inscrición será presencial, na Piscina de Sar, o xoves 3 de outubro a partir das 8h para abonados de Sar e Santa Isabel, e o venres 4 a partir das 8h para non abonados. O prezo por cuadrimestre é de 6,23€ para os abonados, e 25,18€ non abonados.
Noticias Relacionadas
-
O sábado 21 celebramos unha xornada depo...
16/12/2024 -
Este Nadal regala saúde… e gaña de...
12/12/2024 -
Unímonos á campaña de recollida de agasa...
10/12/2024 -
Consulta aquí os nosos horarios de apert...
05/12/2024