O Multiusos Fontes do Sar acollerá o venres 4 de outubro unha sesión preparatoria para a proba O Camiño Race, que partirá dende a Cidade da Cultura o sábado 19 de outubro. Na masterclass estarán presentes Damián Espasandín, actual campión de España de Carreiras de Obstáculos; Manuel Blanco, director de O Camiño Race e atleta élite do Circuito Nacional; e Iván Fernández, adestrador do equipo élite OCR North Coast (Asturias).
A masterclass terá dúas convocatorias, ás 18h e ás 19h, cun aforo limitado. As clases constarán dunha primeira parte na que se falará sobre as OCR, como adestralas e os factores máis importantes que se deben ter en conta; e unha segunda parte práctica, explicando a técnica para superar os diferentes obstáculos.
A sesión está destinada só para abonados do Multiusos Fontes do Sar e do C.D. Santa Isabel e é de acceso gratuíto. Os interesados xa se poden anotar enviando un correo electrónico a ocr@multiusos.net. As prazas cubriranse por rigoroso orde de inscrición ata completar aforo.