Os afeccionados ao running poderán asistir mañá no Multiusos Fontes do Sar á sesión teórico-práctica sobre esta disciplina que ofrecerá o instrutor das instalacións Santi Canicoba. A actividade, que dará comezo ás 20h na sala de prensa do recinto, consistirá nunha charla sobre adestramento, técnica e consellos, e continuará cunha saída ao exterior. Na sesión, de acceso libre tanto para abonados como non abonados ao centro, abordaranse temas como saír a correr de xeito saudable, o fenómeno das carreiras populares, a técnica de carreira, os estiramentos, ou como volver adestrar despois dunha lesión.
Noticias Relacionadas
-
O sábado 21 celebramos unha xornada depo...
16/12/2024 -
Este Nadal regala saúde… e gaña de...
12/12/2024 -
Unímonos á campaña de recollida de agasa...
10/12/2024 -
Consulta aquí os nosos horarios de apert...
05/12/2024