As pistas de pádel e tenis de Sar acollerán este sábado 7 de setembro un clínic de pádel cun dos mellores xogadores galegos desta disciplina na actualidade, Jacobo Cendón, integrante da selección galega absoluta e xogador WPT.
Ao longo da xornada, en horario de mañá (10 – 14:30h) e de tarde (16h – 19h) ofreceranse un total de cinco sesións, cada unha delas de hora e media de duración, cun máximo de 4 persoas por grupo. A inscrición ten un prezo de 7€ para abonados do Multiusos Fontes do Sar e do C.D. Santa Isabel e 10€ para non abonados. Os interesados poden anotarse na recepción das piscinas Fontes do Sar.