Consulta o noso calendario de eventos e actividades en setembro e outubro

No Multiusos Fontes do Sar e no Complexo Deportivo Santa Isabel queremos verte máis por aquí. Queremos que non só veñas facer deporte. Queremos que vivas o deporte. Por iso, durante os meses de setembro e outubro as instalacións ofrecen actividades paralelas vinculadas coa práctica deportiva e coa saúde nas que poderás participar:

6 de setembro · OBRADOIRO no Campus Sar: “O CONSUMO DE AZÚCARES. ALMORZOS E MERENDAS SAUDABLES”, con Lucas Requeixo, de Ultralimento ·
7 de setembro · CLÍNIC DE PÁDEL CON JACOBO CENDÓN (WPT, selección galega). Inscricións en recepción da piscina. 7€ abonados / 10€ non abonados ·
10 de setembro · 17-19h. CLAUSURA DO CAMPUS SAR (hinchables, globoflexia, maquillaxe…). Aberto a todos os nenos que asistiran ao Campus Sar este verán. Cada neno poderá traer 1 amigo. ·
19 de setembro · 20h. CHARLA E SESIÓN PRÁCTICA “RUNNING: adestramento, técnica e consellos”, co instrutor Santi Canicoba. ·
23-30 de setembro · SEMANA DE PORTAS ABERTAS “ACTIVIDADES KIDS”. Consulta os horarios de actividades Kids e ven probar ·
28 de setembro · RECICLAXE “LES MILLS” (só instrutores) ·
4 de outubro · MASTERCLASS preparatoria para “O CAMIÑO RACE” ·
18 de outubro · XORNADA SOLIDARIA CONTRA O CANCRO DE MAMA ·
19 de outubro · O CAMIÑO RACE. Inscricións en championchipnorte.com. Desconto de 10€ ata o 30 de setembro para abonados ás instalacións ·

Pin It