Os nenos e nenas de Compostela poden seguir desfrutando da programación multidisciplinar do Campus Sar ata o comezo das clases en setembro, incluidos os días 9 e 10 de setembro. A inscrición segue aberta na recepción das instalacións para os que desexen anotarse.
A piscina, as actividades deportivas e os obradoiros centran a formación e o entretemento dos máis pequenos, aínda que tamén hai momento para outras actividades como o fútbol sala, o baloncesto, o baile, os xogos cooperativos, etc. Poden anotarse rapaces e rapazas de entre 4 e 14 anos.
As actividades desenvólvense nas piscinas, no hall de entrada, pistas central e polideportiva, e salas de actividades do Multiusos de luns a venres entre as 8:45h e as 14:30h, e ofrécese a posibilidade de ampliar o horario de 8 a 15 horas para quen o desexe, pagando un suplemento que vai dende os 5€/semana.