No mes de setembro empezan novos cursiños de pádel e tenis nas pistas de Sar tanto para nenos como para adultos (a partir de 16 anos). A inscrición para estas clases realizarase na recepción das piscinas Fontes do Sar a partir do luns 2 de setembro, en horario de 9 a 15h e de 19 a 23h. Antes de inscribirse é preciso facer unha proba de nivel.
Os prezos dos cursiños van dende os 11,20 € aos 53€ ao mes, da seguinte forma:
.Adultos abonados: 20€/mes (1 clase/semana) 26,50€/mes (2 clases/semana)
.Adultos non abonados: 40€/mes (1 clase/semana) 53€/mes (2 clases/semana)
.Nenos abonados: 11,20€/mes (1 clase/semana) 16€/mes (2 clases/semana)
.Nenos non abonados: 22,40€/mes (1 clase/semana)
É imprescindible estar empadroado no Concello de Santiago para inscribirse nos cursos de non abonados. As clases son grupais, e celebraranse se hai un mínimo de 3 inscritos. Consulta dispoñibilidade de prazas en control de accesos das piscinas de Sar, e pregunta ao teu monitor ou en recepción da instalación polo teu nivel.