O mércores 20 de febreiro ás 20.30 horas terá lugar na Aula Náutica do Multiusos Fontes do Sar a presentación dos novos cursos de PER (Patrón de Embarcacións de Recreo) e PNB (Patrón para a Navegación Básica).
A presentación de ambos cursos e entrega de materiais será o mércores 20 de febreiro ás 20.30 na Aula Náutica do Multiusos Fontes do Sar.
Os cursos terán carácter semipresencial, con clases presenciais e curso “on line” de última xeración, optimizando deste xeito o tempo de estudo.
Haberá un exame extraordinario en torno ao 9 de abril na Escola Náutico Pesqueira de Ribeira e unhas prácticas oficiais, antes ou despois do exame.
PER:
6 clases os mércores de 20:30 a 22:15 h. do 27 de febreiro ata o exame.
Atribucións: Manexo de embarcacións de ata 15 metros de eslora ata 12 millas da costa.
Prezos: 310 € ou 280 € abonados ao Multiusos ou ao Complexo Deportivo Santa Isabel.
PNB:
4 clases os mércores de 20.30 a 21.00 h. do 14 de febreiro ata o exame.
Atribucións : Manexo de embarcacións de ata 8 metros de eslora ata 5 millas dun porto.
Prezos: 210 € ou 180 € abonados do Multiusos ou do Complexo Deportivo Santa Isabel.
En ambas titulacións inclúense todo tipo de motos acuáticas.
Según a lexislación actual, os que teñen o título de PNB poden agora acceder ao de PER examinándose só dos temas de navegación propios desta titulación superior, convalidándose o resto. Tamén se pode conseguir un aumento de atribucións do PER ampliándoas ata embarcacións de ata 24 metros e área de navegación da Península a Baleares tan só realizando unhas prácticas adicionais de 24 horas.
Os cursos están organizados pola Escola Náutica Portomeloxo, homologada pola Xunta de Galicia co indicativo XGEN 021, e o Multiusos Fontes do Sar, dentro do programa de Náutica Popular que ambas entidades desenvolven conxuntamente.
Para inscribirse basta con solicitalo enviando un correo a info@nauticapopular.com e realizar unha transferencia ao número de conta que se facilita na web www.nauticapopular.com, ou ben pagar en efectivo o mesmo día da presentación. Se algún alumno non supera o exame, poderá acudir ao seguinte de forma gratuíta.
Toda a información en www.nauticapopular.com