O Multiusos Fontes do Sar e a escola náutica Portomeloxo organizan no último trimestre do ano novos cursos de PER e de PNB para os que xa está aberta a inscrición. A continuación atoparás todos os datos sobre a formación:
MODALIDADE MIXTA
Clases presenciais + curso por Internet
ATRIBUCIÓNS
PER: manexo de embarcacións de ata 15 metros de eslora ata 12 millas da costa.
PNB: manexo de embarcacións de ata 8 metros de eslora ata 5 millas da costa.
PRESENTACIÓN
Mércores 24 de outubro ás 20.15 horas
CLASES PRESENCIAIS
PER: 3 clases presenciais de 4 horas cada unha, os sábados de 10 a 14h, os días 27 de outubro, 10 de novembro e 1 de decembro.
PNB: 3 clases presenciais de 1,5 horas cada unha, os sábados de 10 a 11.30h os mesmos días: 27 de outubro, 10 de novembro e 1 de decembro.
EXAME EXTRAORDINARIO o 11 de decembro na Escola Náutico Pesqueira de Ribeira.
LUGAR
Sala de Ensinanzas Náuticas do Multiusos do Sar
PREZOS
PER: Abonados: 280 € / non abonados: 310 €
PNB: Abonados: 180€ / non abonados: 210€
(IVE e material de estudo incluidos)
PRÁCTICAS oficiais antes ou despois do exame.
INSCRICIÓNS: enviar un correo electrónico a info@nauticapopular.com cos datos persoais, tlfno. de contacto e nº de abonado, de ser o caso.
MÁIS INFORMACIÓN: www.nauticapopular.com · Tlfno. 616217619 (Pedro Puialto)