Agora date de alta online e terás MATRÍCULA GRATIS! (oferta limitada ás 300 primeiras altas)

Agora se te das de alta online en www.multiusos.net regalámosche a matrícula! A promoción é válida tanto para o Multiusos Fontes do Sar como o Complexo Deportivo Santa Isabel e está limitada aos primeiros 300 abonos.

CAMPAÑA2018segundafase6DATE DE ALTA AQUÍ a partir do 1 de setembro e benefíciate desta promoción.

No Multiusos Fontes do Sar e no C.D. Santa Isabel podes desfrutar de todo o deporte dende 18,80 € ao mes*. Como abonado poderás utilizar a zona de adestramento funcional, a sala de musculación e cardio, xogar ao fútbol sala ou baloncesto na pista polideportiva, ao tenis de mesa, ir a piscina, a sauna e baños de vapor, e acudir ás máis de 300 clases dirixidas que se programan cada semana**: crosscircuit, gliding, autodefensa, light contact, zumba, fitbike, bodystep, estiramentos, capoeira, pump, combat, aquafitness, ioga, abdominais e glúteos, tai-chi, GAP, +60, estilos, elyptic, alto impacto, AFS, ritmo, RPM, bodyjam, tono… E todo isto cantas veces queiras, de xeito ilimitado, dentro do amplo horario de apertura do centro. Amais, tamén tes á túa disposición actividades e servizos complementarios aos que poderás acceder cun prezo especial para abonados, como pádel e tenis, cursos de natación, Pilates Mat ou Reformer, TRX, plataformas vibratorias, centro de estética, centro de fisioterapia….

Xa non tes excusa para poñerte en forma! Date de alta AQUÍ e terás a MATRÍCULA GRATIS e todo o deporte dende 18,80€ / mes!

*18,80€ é o prezo mensual do abono junior e do abono de 3ª idade. Para outros prezos consulta.

**Para ver a oferta de clases dirixidas disponible na túa instalación -Multiusos Fontes do Sar ou C.D. Santa Isabel- deberás consultar os horarios de actividades. Polas características dos recintos pode haber actividades que só se ofrezan nun dos dous centros.

 

Pin It