O día 31 de marzo celebrouse o Día Mundial contra o Cancro de Colon, e unha vez máis a Asociación Española contra o Cancro estivo presente no Multiusos Fontes do Sar para concienciar sobre esta enfermidade. O centro deportivo contou cunha mesa na entrada da instalación na que os voluntarios entregaron folletos informativos e comunicaron aos usuarios que se preocuparon pola iniciativa os avances acadados en canto a prevención e detección precoz deste tipo de cancro. Un simple test de feces pode detectalo antes incluso de que se desenvolva a enfermidade, dun xeito doado, cómodo, hixiénico e totalmente gratuíto.