Sabemos que moitos de vós o estabades a demandar, pois o ritmo frenético que nos impón ás veces o traballo conleva que sexa a fin de semana cando teñamos máis tempo para adicarlle ao deporte.
Para dar resposta a elo, o 18 de marzo inauguramos no Multiusos dúas novas actividades dirixidas para os domingos, Crosscircuit ás 11.30h e Fitbike ás 12.30h. Estas dúas clases engádense ás dúas que xa había de Zumba os sábados pola mañá, para así dar máis contido ás fins de semana.