Os días 24, 25 e 26 de novembro o Multiusos Fontes do Sar acolleu a celebración do Campionato de España de clubes de Kickboxing, organizado pola Federación Galega de Kickboxing e o Club Juancho Vázquez.
O venres pola tarde tivo lugar a recepción de equipos e a pesaxe de participantes. O sábado celebráronse as eliminatorias e as semifinais, e o domingo realizouse a presentación cos finalistas das diferentes probas e categorías, para pasar despois as finais e entrega de trofeos.
Máis de 600 deportistas competiron no evento, no que se deron cita medio centear de clubes de toda a xeografía española. Os aficionados aos deportes de combate puideron desfrutar de máis de 400 combates de Tatami Sport e Ring Sport.