O Multiusos Fontes do Sar e o Complexo Deportivo Santa Isabel tamén respaldaron a acción colectiva contra a violencia machista tinguíndose de negro. Traballadores e usuarios alzaron entre todos unha única voz en contra das violencias, visibilizando o seu apoio con cartelería e camisetas.