En outubro arranca no Multiusos Fontes do Sar un novo curso de PER (Patrón de Embarcaciones de Recreo) e de PNB (Patrón para a Navegación Básica). Os alumnos, como é habitual nestes populares cursos que teñen lugar na Aula Náutica do Multiusos, terán un exame extraordinario e poderán realizar as prácticas obrigatorias a prezos reducidos antes ou despois do exame.
O martes día 11 de outubro ás 20.15 horas, será a presentación e entrega de materiais deste curso que se impartirá, tamén como é habitual, en modalidade semipresencial, combinando clases presenciais con un curso “on line” de última xeración. As clases presenciais de PER serán todos os mércores do 19 de outubro ata o 7 de decembro en horario de 20.15 a 22.15 horas. As de PNB, os mércores de 21:15 a 22:15, dende o 2 de novembro ao 7 de decembro. Os exames, extraordinarios e específico para estes cursos, celebrarase en decembro na Escola Náutico Pesqueira de Ribeira. De acordo coa nova lexislación, se non se aproba todo o temario pero si un número determinado de temas poderase obter en vez do PER o título de PNB (patrón Para a Navegación Básica).
O PER (Patrón de Embarcacións de Recreo) é o título náutico máis demandado. Permite a navegación en embarcacións sen límite de potencia ata 12 millas da liña que discorre paralela á costa, así como a navegación interinsular nos arquipélagos canario e balear e, a partir de agora, a da Península a Baleares só realizando unhas prácticas adicionais. Tamén inclúe o uso de calquera clase de motos acuáticas. O único requisito necesario é ter 18 anos cumpridos no momento do exame. Pola súa banda, o PNB permite o manexo de embarcacións de ata 8 metros de eslora ata 5 millas da costa.
O prezo do curso teórico de PER é de 280 € para os abonados ao Multiusos do Sar ou C.D. Santa Isabel e de 310 € para o resto. No caso do PNB, o prezo é de 180 € para os abonados e de 210 € para o resto. Os prezos inclúen IVE, inscrición ao curso “on line” e material.
Este curso está organizado pola Escola náutica Portomeloxo, homologada pola Xunta de Galicia co indicativo XGEN 021, e o Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela dentro do programa Náutica Popular que ambas entidades veñen desenvolvendo conxuntamente.
Para inscribirse basta con solicitalo enviando un correo a info@nauticapopular.com cos datos persoais, teléfono de contacto e nº de abonado, de ser o caso. Toda a información en www.nauticapopular.com.