No mes de xullo haberá cursiños intensivos de pádel e tenis para adultos (a partir de 16 anos) nas pistas de Sar, para os que xa está aberta a inscrición. Os abonados poden anotarse en control de accesos das piscinas Fontes do Sar a partir do 9 de xuño, e os non abonados dende o día 15 de xuño.
Os prezos ao mes dos cursiños van dende os 11,20 €/mes aos 53€, da seguinte forma:
.Adultos abonados: 20€ (1 clase/semana) 26,50€ (2 clases/semana)
. Adultos non abonados: 40€ (1 clase/semana) 53€ (2 clases/semana)
.Nenos abonados: 11,20€ (1 clase/semana)
.Nenos non abonados: 22,40€ (1 clase/semana)
É imprescindible estar empadroado no Concello de Santiago para inscribirse nos cursos de non abonados. Os cursiños son grupais, e celebraranse se hai un mínimo de 3 inscritos no caso dos adultos e cun mínimo de 4 en nenos. Consulta dispoñibilidade de prazas en control de accesos das piscinas de Sar, e pregunta ao teu monitor ou en recepción da instalación polo teu nivel.