Éxito total de VETUSTA MORLA na presentación do seu último álbum no Multiusos Fontes do Sar

O Multiusos Fontes do Sar, en Santiago de Compostela foi escenario o pasado venres 2 de outubro dun festival encabezado pola banda madrileña Vetusta Morla, que contou amais con outros grupos do panorama pop rock indie español, como Eladio y los Seres Queridos, Misterioso Viaje a Holanda ou Novedades Carminha, e a presenza de Eme Dj.

CARTELA3Vetusta Morla, cabeza de cartel

Esta foi a terceira vez que a banda de Tres Cantos visitaba Santiago de Compostela, logo das súas actuacións no recinto feiral de Amio en 2012 e na praza da Quintana en 2011, nas que congregou a máis de 5.000 persoas entre o público. Nesta ocasión a cita foi no Multiusos Fontes do Sar. O concerto enmarcouse dentro da xira de presentación de La Deriva, que suma en total máis de 80 concertos en España, Europa e América e máis de 40.000 espectadores.

La Deriva, terceiro álbum de estudio de Vetusta Morla, logrou  o pasado mes de outubro o disco de ouro ao vender máis de vinte mil copias dende o seu lanzamento en abril de 2014 da man de “Pequeño Salto Mortal”, o selo discográfico fundado pola propia banda para autoeditar os seus traballos. Con el a formación acadou o terceiro galardón desta categoría tras vender 35.000 unidades do seu anterior álbum, Mapas, e 53.000 copias do seu debut, Un día en el mundo, que lle valeron  tamén o disco de platino.

 

 

Pin It