Novo curso semipresencial de PER coa nova lexislación

Comeza a temporada de náutica no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela con un curso de PER (Patrón de Embarcaciones de Recreo) que se impartirá de acordo coa nova lexislación que simplifica notablemente o exame teórico. Esta simplificación tradúcese nunha diminución do número de preguntas, na eliminación de temas eliminatorios como o de Comunicacións ou na supresión dos casos máis complexos do tema de Navegación.

5799305_lAmais, agora increméntanse as atribucións desta titulación pasando de 12 a 15 m. de eslora. Estas atribucións aínda se poden aumentar ata os 24 metros e a área de navegación dende a Península ata as Baleares só facendo unhas prácticas adicionais de 24 horas en réxime de ruta (navegando as 24 horas).

Precisamente para os que xa teñen o título de PER e están interesados en acceder a este aumento de atribucións prográmanse tamén unhas prácticas que teñen lugar nas Rías Baixas ou en Alicante en diferentes datas. Os interesados poden consultar a web nauticapopular.com

Os alumnos, como é habitual nestes populares cursos que teñen lugar na Aula Náutica do Multiusos, terán un exame extraordinario e poderán realizar as prácticas obrigatorias a prezos reducidos antes ou despois do exame, nun prazo que agora se ampliou ata os 24 meses.

O mércores día 14 de outubro ás 20.15 horas, será a presentación e entrega de materiais deste curso que se impartirá, tamén como é habitual, en modalidade semipresencial, combinando oito clases presenciais de dúas horas cada unha con un curso “on line” de última xeración. As clases presenciais serán todos os mércores ata o 9 de decembro en horario de 20.15 a 22.15 horas. O examen, extraordinario e específico para este curso, celebrarase na Escola Náutico Pesqueira de Ribeira o 10 de decembro. De acordo coa nova lexislación, se non se aproba todo o temario pero si un número determinado de temas poderase obter en vez do PER o título de PNB (patrón Para a Navegación Básica).

O PER (Patrón de Embarcacións de Recreo) é o título náutico máis demandado. Permite a navegación en embarcacións sen límite de potencia ata 12 millas da liña que discorre paralela á costa, así como a navegación interinsular nos arquipélagos canario e balear e, a partir de agora, a da Península a Baleares só realizando unhas prácticas adicionais. Tamén inclúe o uso de calquera clase de motos acuáticas. O único requisito necesario é ter 18 anos cumpridos no momento do exame.

O prezo do curso teórico é de 280 € para os abonados ao Multiusos do Sar ou C.D. Santa Isabel e de 310 € para o resto. Os prezos inclúen IVE, inscrición ao curso “on line” e material.

Este curso está organizado pola Escola náutica Portomeloxo, homologada pola Xunta de Galicia co indicativo XGEN 021, e o Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela dentro do programa Náutica Popular que ambas entidades veñen desenvolvendo conxuntamente.

Para inscribirse basta con solicitalo enviando un correo a info@nauticapopular.com e pagar facendo unha transferencia ao número de conta que se facilita na web www.nauticapopular.com, ou ben pagar en efectivo o mesmo día da presentación. Se algún alumno non supera o exame puede acudir ao seguinte curso de forma gratuíta.

Toda a información en www.nauticapopular.com.

 

Pin It