Este domingo conmemórase o Día Internacional do Ioga e nas nosas instalacións tamén queremos celebralo. Por iso, convidámosvos a participar na clase de Hatha Ioga, Relaxación e Meditación que o profesor Toño impartirá no Multiusos pola mañá entre as 10h e as 12.30h. A entrada é libre e gratuíta tanto para abonados ás instalacións como para non abonados aos centros.