Xa te podes anotar nos cursos de PÁDEL e TENIS que se ofertan en xullo

No mes de xullo haberá cursiños quincenais de pádel e tenis para adultos (a partir de 16 anos) nas pistas de Sar, para os que xa está aberta a inscrición. Os abonados poderán anotarse en control de accesos das piscinas Fontes do Sar a partir do 3 de xuño, e os non abonados dende o día 8 de xuño.

CURSOSPADELETENISXULLO2015Os prezos ao mes dos cursiños van dende os 11,20 €/mes aos 53€, da seguinte forma:

.Adultos abonados: 20€ (1 clase/semana) 26,50€ (2 clases/semana)

. Adultos non abonados: 40€ (1 clase/semana) 53€ (2 clases/semana)

.Nenos abonados: 11,20€ (1 clase/semana)

.Nenos non abonados: 22,40€ (1 clase/semana)

A oferta de clases de pádel este mes é a seguinte:

PADELadultos

E a continuación podes consultar a oferta de tenis:

TENISadultos 

É imprescindible estar empadroado no Concello de Santiago para inscribirse nos cursos de non abonados. Os cursiños son grupais, e celebraranse se hai un mínimo de 3 inscritos no caso dos adultos e cun mínimo de 4 inscritos en nenos. Consulta dispoñibilidade de prazas na recepción das piscinas de Sar, e pregunta ao teu monitor ou en recepción da instalación polo teu nivel.

AVISO: INSCRICIÓN CURSOS CUADRIMESTRAIS SETEMBRO-DECEMBRO. Inscrición xa aberta para os abonados inscritos en xuño que queiran manter a mesma praza.

Pin It