Romeo Santos, o proclamado como “Rei da Bachata”, ofreceu a súa única actuación en Galicia o mércores 1 de abril no Multiusos Fontes do Sar, en Santiago de Compostela. Preto de oito mil persoas non quixeron perderse esta oportunidade única. O neoiorquino non defraudou aos seus e deleitounos cun directo intenso no que repasou os seus grandes éxitos, sempre cos coros dos seus seguidores de fondo.
O cantautor estadounidense desfrutou dun año espectacular con unha xira con todo vendido que incluiu dúas noites no Yankee Stadium e terminou o 2014 na cima das listas musicais. O álbum de Santos “Fórmula, Vol. 2” está como finalista para “Top Latin Album” do ano.