Aberta a inscrición para a Liga de Pádel e Tenis Fontes do Sar

O luns 9 de marzo empeza unha nova liga de pádel e tenis, que se celebrará nas pistas de Sar durante aproximadamente tres meses. Haberá tres categorías, masculina, feminina e mixta (esta última só en pádel), e poderán asistir participantes de todos os niveis, tanto se están comezando no deporte como se xa o dominan, xa que terán tres divisións entre as que escoller, 1ª, 2ª e 3ª.

TenisPa¦üdel-062Inscrición
Se estás interesad@ deberás anotarte na recepción das piscinas fontes do Sar antes do 4 de marzo. Só se permite unha inscrición por división.

– Abonados que están nos cursos: 5€/persoa.

– Resto de abonados: 10€ / persoa.

– Non abonados: 20€/ persoa.

*RECIBIRASE UNHA CAMISETA CON CADA INSCRICIÓN.

Xornada final
Desputaranse os títulos daquelas ligas que estean conformadas por máis de un grupo. O resto de participantes, xogarán “batallas” rápidas entre sí durante toda a tarde, e realizarase unha entrega de premios e sorteo de material deportivo entre todos os participantes.

Pin It