Este domingo ás 10.30h celébrase no Multiusos Fontes do Sar unha xornada teórico – práctica sobre Sat Nam Rasayan, unha técnica de meditación que enraiza co ioga e que axuda a liberar tensións e a conseguir o equilibrio corpo-mente. A entrada é libre e gratuíta para todos os interesados e recoméndase traer unha manta para taparse nos exercicios.
Sat Nam Rasayan significa en sánscrito “relaxación profunda na esencia verdadeira”. A clase do domingo terá unha primeira parte teórica e unha segunda práctica, na que os asistentes aprenderán os principios desta técnica. O profesor encargado de impartir a sesión será o madrileño Mariano Borrego, integrande do equipo de formación de Ambrosio Espinosa, responsable desta fórmula de meditación en España.