Dende unha actuación como a do pasado 6 de decembro de Fito & Fitipaldis a un entrenamento do Santiago Futsal e do Obradoiro CAB, o Multiusos Fontes do Sar experimenta un proceso de transformación que conleva moitas horas de traballo. Así se poder ver nun vídeo colgado na canle de Youtube das instalacións e reproducido nos perfís sociais do Multiusos en Facebook e Twitter, que en dous minutos recolle a reconversión do espazo en función do seu uso.
Durante cinco xornadas, entre o 5 e o 9 de decembro, unha cámara GoPro ubicada no pasillo central do edificio tomou fotos cada cinco segundos de todo o que acontecía na pista central, para despois poder montar un vídeo en secuencia de dous minutos de duración. Na gravación pódense percibir dende as tarefas de desmontaxe da pista de madeira e o acondicionamento total do recinto para unha actuación, ata a celebración do concerto e a posterior adaptación do espazo para o seu uso como instalación deportiva onde habitualmente adestran e xogan o Santiago Futsal e o Rio Natura Monbus Obradoiro.