O vindeiro 29 de novembro ás 11h invitámosche á charla sobre podoloxía orientada ao running que se celebrará na sala 4 do Multiusos Fontes do Sar, en colaboración co Club de Atletismo Fontes do Sar.
Lorena Martínez Seijas, podóloga pola Universidade de A Coruña, Máster pola Universidade Europea de Madrid e propietaria da Clínica de Podología Onicopedis, será a encargada de explicar aos asistentes os coidados que precisan os seus pés en función das súas características.
A charla terá unha duración aproximada de unha hora e o acceso é GRATUÍTO tanto para os abonados do Multiusos Fontes do Sar e do Complexo Deportivo Santa Isabel como para os membros do Club de Atletismo Fontes do Sar.