O club de Juancho Vázquez, profesor das instalacións, acadou a pasada fin de semana un ouro e dúas pratas no Campionato de España de Kickboxing Veteranos celebrado en Madrid.
Óscar García Anido fíxose co ouro tras gañar a final en menos de 75kg. Juancho Vázquez logrou a prata despois de vencer nas semifinais ao representante de Castilla e León e perder a final tras decisión dividida por un punto co representante de Madrid. Angel Pedreira conseguiu tamén a prata tras desputar a final contra o representante de Castilla e León e perder tamén por decisión dividida .
Gran resultado! Parabéns!