En outubro empeza un novo curso de PER para o que xa está aberta a inscrición

No mes de outubro dará comezo un novo curso de Patrón de Embarcacións de Recreo no Multiusos Fontes do Sar no que xa te podes anotar.  Será das últimas oportunidades antes do cambio de lexislación.

-Modalidade:  Semipresencial. Clases presenciais + curso “on line”

-Presentación:  mércores 15 de outubro de 2014 ás 20.15 horas.

-Clases presenciais:   8 clPERoutubrowases os mércores de 20:15 a 22:15 do 22 de outubro ao 10 de decembro.

Lugar:  Aula Náutica do Multiusos Fontes do Sar (Santiago).

Exame extraordinario:  xoves 11de decembro na Escola Náutico Pesqueira de Ribeira.

-Atribucións:  Manexo de embarcacións de ata 12 metros de eslora ata 12 millas da costa.

-Prezos:  310 €  ou  280 € abonados ao Multiusos ou ao Complexo Deportivo Santa Isabel.

–Prácticas oficiais: antes ou despois do exame, a convir, con prezos especiais para os alumnos deste curso.

-Inscrición e información:  Mandar datos a info@nauticapopular.com.

+ info en www.nauticapopular.com  e no teléfono 616217619 (Pedro Puialto).

 

 

Pin It