Está aberta a inscrición para as clases de Pilates Reformer para o trimestre outubro-decembro. Se queres reservar praza xa o podes facer en control de accesos da instalación.
O Pilates mellora a circulación de todo o corpo, aumenta a absorción do calcio e diminúe a dor causada por vicios posturais e hernias, axudando a previr a osteoporose, a dor de costas e a fibromialxia. Como fortalece os músculos, o Pilates con Reformer evita, ademais, fracturas se xa se produciu diminución de masa ósea. E, ademais, ao traballar fundamentalmente co abdome os músculos desa zona tan difícil de modelar se tonifican e se reduce volume do contorno da cintura.