Por outra banda, xa está aberta a inscrición para as clases de Pilates Reformer de setembro e para o trimestre outubro-decembro. Se queres reservar praza xa o podes facer en control de accesos da instalación.
O Pilates mellora a circulación de todo o corpo, aumenta a absorción do calcio e diminúe a dor causada por vicios posturais e hernias, axudando a previr a osteoporose, a dor de costas e a fibromialxia. Como fortalece os músculos, o Pilates con Reformer evita, ademais, fracturas se xa se produciu diminución de masa ósea. E, ademais, ao traballar fundamentalmente co abdome, os músculos desa zona tan difícil de modelar tonifícanse, e reducen volume do contorno de cintura.