Inscríbete no Multiusos e en Santa Isabel para participar no circuito de carreiras CORRESAN

CORREw

¿Qué é CorreSan? Un programa de carreiras a pé organizadas pola Federación Galega de Atletismo e patrocinadas polo Concello de Santiago de Compostela a través do seu departamento de deportes. Este circuíto entra dentro do labor de concienciación sobre os beneficios que a actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns.

¿Quen pode participar?
Poderán participar deportistas de todas as idades con distancias adaptadas a cada categoría que participen nas carreiras das que consta este circuíto, o cal integrará un aliciente de motivación como é a competición. TODAS AS PROBAS DE ADULTOS TERÁN DISTANCIAS ASUMIBLES DE ENTRE 4 E 6 KM PARA QUE NINGUÉN QUEDE FORA.

¿Onde me podo inscribir? A través da páxina web www.carreirasgalegas.com e PRESENCIALMENTE NOS SEGUINTES PUNTOS: · Multiusos Fontes do Sar · Complexo Deportivo de Santa Isabel · Centro Comercial Compostela (Departamento de Deportes)

¿Cando son as probas do circuito?

  • 24 de maio. CORRESAN CAMPUS SUR. 1.105 m (E1) / 2.110 m (E2) / 5.745 m (A)
  • 21 de xuño. CORRESAN RUTA DA PRATA – ANGROIS. 1.300 m (E1) / 1.965 m (E2) / 6.050 m (A)
  • 12 de xullo. CORRESAN NOCTURNA CIDADE VELLA. 910 m (E1) / 2.300 m (E2) / 4.500 m (A)
  • 14 de setembro. CORRESAN GRANXA DO XESTO – CRONOESCALADA AO PEDROSO. 1.145 m (E1) / 2.165 m (E2) / 3.330 m (A)
  • 11/12 de outubro. CORRESAN CIDADE DA CULTURA. 1.645 m (E1) / 2.520 m (E2) / 5.900 m (A) E1 = escolares Ben-Alev / A = adultos / E2 = escolares Inf-Cad

¿Cal é o prezo da inscrición? – ESCOLARES (de benxamín a cadete): GRATUITA – ADULTOS (de xuvenil a veteráns):

  • Xeral nas 5 probas do circuíto+San Silveste: 20 €
  • Inscrición individual por proba: 5 €

PODES INSCRIBIRTE INDIVIDUALMENTE NO CIRCUITO OU PROBA A PROBA. FORMA EQUIPOS COS TEUS AMIGOS E FAI UN EQUIPO POPULAR PARA COMPETIR NA CLASIFICACIÓN DE EQUIPOS!!!

Pin It