Este sábado 3 de maio a partir das 20 horas poderás ver o espectáculo “Smashed” no Museo Centro Gaiás-Cidade da Cultura a un prezo reducido por ser abonado do Multiusos Fontes do Sar e do C.D. Santa Isabel. Tan só tes que chamar ao teléfono 902 504 500 para mercar a túa entrada e dar a clave “Multiusos”.
Nove malabaristas, 80 mazás, catro xogos de té e un caleidoscopio que rompe esquemas. Gandini Juggling, a compañía que está a reinventar o circo contemporáneo, presenta Smashed, unha oportunidade única para gozar da arte contemporánea, a danza, o teatro e os malabares no mesmo espectáculo.
Inspirado na obra da excelente bailarina alemá Pina Bausch, cunha estética dos anos 40 e ao ritmo de cancións de época, Smashed preséntase como un espectáculo cheo de humor, relacións tensas, amores imposibles, inocencia perdida e o estrano encanto dun té a media tarde.