En xaneiro empezan novos cursiños de pádel e tenis trimestrais para nenos e para adultos nas pistas de Sar, para os que abre a inscrición o 15 de decembro. En total hai dispoñibles máis de 360 prazas ás que poden optar tanto abonados como non abonados ás instalacións deportivas.
Consulta aquí a oferta de cursos para nenos
Consulta aquí a oferta de cursos para adultos
Datas de inscrición
·Do 15 ao 19 de decembro: inscrición preferente só para abonados interesados en manter a mesma praza de decembro.
·A partir do 20 de decembro: inscrición para abonados.
·Dende o 26 de decembro: inscrición para non abonados.
Lugar de inscrición
Control de accesos das piscinas fontes do sar
Prezos
Nenos abonados: 33,60€/trimestre (1 día/semana)
Nenos non abonados: 67,20€/trimestre (1 día/semana)
Adultos abonados: 60€/trimestre (1 día/semana)// 79,50€/trimestre (curso de 2 días/semana)
Adultos non abonados: 120€/trimestre (1 día/semana) // 159€/trimestre (curso de 2 días/semana)
É imprescindible estar empadroado no Concello de Santiago para anotarse nos cursos de non abonados. Os cursos son grupais, deben contar cun mínimo de 3 inscritos.