Para os amantes do rock sería un soño ver nunha mesma noite e enrriba do mesmo escenario a DEF LEPPARD xunto a WHITESNAKE e EUROPE… Para moitos, ese soño cumprirase pronto…
…Será a finais do mes de xuño nunha cita que promete ser histórica e que pasará por DONOSTI o domingo 23 de xuño (Donosti Arena 2016), BARCELONA o luns 24 de xuño (Palau Olímpic de Badalona), MADRID o mércores 26 de xuño (Palacio Vistalegre) para finalizar en SANTIAGO D.C. o venres 28 de xuño, no Multiusos Fontes do Sar. As entradas xa se poden adquirir a través de Ticketmaster.
DEF LEPPARD: a formación orixinal da banda inglesa, formada por Joe Elliott (voz), Vivian Campbell (guitarra), Phil Collen (guitarra), Rick “Sav” Savage (baixo) e Rick Allen (batería), iniciou a súa exitosa carreira en 1977 en Sheffield, Reino Unido, e con máis de 100 millóns de discos vendidos en todo o mundo son, sen ningún xénero de dúbidas, un dos grupos máis importantes da historia do Rock de todos os tempos. Recoñecidos polos seus espectaculares directos cheos de auténticos himnos do rock, “Animal“, “Rocket“ , “Foolin“… recopilados ao longo dos seus máis de 35 anos de carreira e que volverán a descargar en vivo sobre os nosos escenarios tras unha longa espera para a súa lexión de seguidores.
WHITESNAKE: Cinco anos pasaron dende a última xira polo noso país de David Coverdale e os seus. Co retorno de Tommy Aldridge á batería, WHITESNAKE volverán a España no mes de xuño con ganas de ofrecernos de novo os seus potentes concertos, onde non faltarán a súa ampla colección de grandes éxitos. Aínda perdura na memoria o seu inesquecible concerto de outubro de 2004 en Madrid ante máis de 10.000 persoas.
EUROPE: Dende Suecia e para completar este triple cartel de luxo que nos fará vivir catro noites máxicas non podía faltar o grupo de Joey Tempest. Con millóns de discos vendidos en todo o planeta e considerados auténticos iconos do Hard Rock, o inconfundible estilo de Europe volverá soar en directo ante os seus miles de fans que non deixarán pasar a oportunidade de escoitar de novo himnos como “Carrie“, “Cherokee“ ou “Rock the night“. A partir de hoxe empeza “The Final Countdown“, que despegará o 23 de xuño en Donosti e ata o 28 en Santiago, pasando por Madrid e Barcelona, na que será unha xira para o recordo…
A apertura de portas para todos os concertos será ás 18:00h.
Máis información: www.sweetnocturna.com