Entre o 27 de maio e o 2 de xuño celébrase nas pistas de pádel de Sar o III Open de Pádel Feminino Cadena 100, coa colaboración do Concello de Santiago e o Multiusos Fontes do Sar. Na proba poden participar mulleres a partir de 16 anos sen necesidade de que teñan licencia federativa.
As interesadas en inscribirse poden facelo de xeito gratuíto entregando o formulario de inscrición na recepción das piscinas Fontes do Sar ou enviándoo por correo electrónico a padel@multiusos.net entre o 13 e o 23 de maio ás 14h. A parella gañadora na fase local asistirá á proba galega o 9 de xuño en Ferrol.