Descubre o GLIDING, unha nova forma de adestrar baseada en deslizamentos sobre discos específicos. É doado, eficaz e divertido.
QUE É?
O gliding consiste nunha secuencia de movementos de deslizamento sobre uns discos específicos que permite desprazamentos suaves, divertidos e eficaces para tonificar e esculpir o corpo
CANDO PODO IR?
Luns ás 20.05h e ás 20.40h
Martes ás 10.15h
Mércores ás 20.05h
ONDE É?
Na sala 13 e sala 7. É preciso coller tique en recepción a partir de unha hora antes do inicio da clase.
QUEN A IMPARTE?
Ana Martínez e Mary Fe.