Se te das de alta no Multiusos Fontes do Sar ou no C.D. Santa Isabel ata o 15 de febreiro no abono de mañás, a MATRÍCULA sairáche GRATIS! Ademais, regalarémosche 2 sesións de plataforma vibratoria profesional, 2 horas de pádel, e 1 medición corporal na tanita.
A cota de mañás custarache 24,40€ ao mes e poderás facer uso das instalacións de luns a venres entre as 7 e as 15h, os sábados de 9 a 15h e os domingos de 9 a 14h. Terás acceso libre ás piscinas, á sala de cardiovascular e musculación, á pista polideportiva (baloncesto, fútbol sala…), ao tenis de mesa, á sauna e aos baños de vapor, e a máis de 150 actividades dirixidas á semana (zumba · light contact · boxeo · bodystep · capoeira · tono · bodycombat · bodypump · fitbike · aquafitness · ioga · aeróbic · abdominais e glúteos · tai-chi · GAP · +60 · estilos · elyptic · alto impacto · AFS · ritmo · RPM · bodyjam · aquapoeira · estiramentos…).